Jeff Porcaro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Jeff Porcaro son palabras maiores á hora de referirnos ó mundo da batería. Unha gran referencia para moitos músicos pola súa musicalidade, e o seu amplo bagaxe de coñecementos musicais (sambas, shuffle...etc)A súa morte significou unha gran perda.
[editar] Bio
Naceu en Connecticut o 1 de Abril de 1954. Comezou a tocar con 7 anos e á idade de 28 xa tiña a experiencia e prestixio que non acadaran moitos bateristas en toda a súa vida. Sen embargo nunca se considerou nin tivo pretensións de ser o mellor batería do mundo, nunca tivo esa presión. Tocou con grandes artistas como Bonnie Raitt, Bee Gees, Pink Floyd, Michael Jackson e moitos máis. Jeff sufriu un ataque ó corazón o 5 de Agosto de 1992 por mor dunha reacción alérxica a un pesticida que estaba a utilizar. Algúns rumores apuntaron á adicción á cocaína como causante pero os máis achegados a él sempre souberon que superara o problema e descartaron esta hipótese. No seu honor organizouse o Tributo a Jeff Porcaro, que contou cunha gran presencia de grandes da percusión e fundaouse tamén o "Jeff Porcaro Memorial Fund". Jeff Porcaro foi un dos máis grandes e seguirá sempre nos nosos corazón como persoeiro para admirar e aprender del. No seu haber hai grandes coma "Rosanna" ou "Mushanga" que grabou coa súa principal banda Toto.