Jesús Vázquez
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Jesús Vázquez Martínez é un presentador de televisión nado en Ferrol o 6 de setembro de 1965.
Profesional popular e recoñecido no ámbito nacional, o seu rostro comezou a ser familiar á raíz de ser o condcutor nos 90 de espazos televisivos coma A quinta marcha ou Hablando se entiende la vasca, ambos en Telecinco.
En 1994 probaría sorte sen demasiado éxito no mundo da música, chegando a grabar un único disco que levou por título A dos milímetros escasos de tu boca e co que, a pesar de todo, logrou un disco de ouro.
Tras unha longa temporada afastado da televisión nacional coincidindo coa súa implicación no caso Arny ( e durante a cal conduciu os programas A propósito e Gente con chispa en Canal Sur e Esta es mi gente en Telemadrid) volveu a Telecinco en 2001 como presentador do concurso Popstars. Desde entón, a súa carreira sigue ligada a esta canle, onde leva presentado Hotel Glam, os debates Gran Hermano, Nadie es perfecto, Vivo Cantando, Operación Triunfo, Supervivientes ou ¡Alla tú!
Tamén realizou algúns traballos como actor: a película Aquí, el que no corre... vuela (1992), de Tito Fernández, a obra teatral La importancia de llamarse Esnesto (1996) e colaboracións en series televisivas coma Manos a la obra, en Antena 3.
Nos últimos tempos deixou aparcada a súa carreira interpretativa, aínda que fixo pequenas colaboracións en Siete Vidas e Yo soy Bea.
En 2005 e 2006 recibiu os Premios TP de Ouro ó mellor presentador, ó que xa estivera nominado en 1992. Nesta mesma categoría estivo nominado ós Premios da ATV tamén en 2005 e 2006.