Johann Cristoph Adelung
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Johann Cristoph Adelung (Spantekow bei Anklam 1732-Dresden 1806), filólogo alemán.
Fixo estudos de Teoloxía, e en 1759 comeza a dar clases de teoloxía en Erfurt, pero os seus traballos centráronse no estudo da lingua alemá. As súas obras gozaron de gran difusión e foron declaradas obrigatorias nas escolas de case todos os estados alemáns. Autor do primeiro dicionario exhaustivo e académico do alemán (Grammatisch-kritischen Wörterbuch der hochdeutschen Mundart), empregado como obra de referencia por grandes autores como Goethe e Schiller, contribuíndo considerablemente á estandarización do alemán.
[editar] Obras
Grammatisch-kritischen Wörterbuch der hochdeutschen Mundart, 1774-86, explica cada palabra a partir da súa etimoloxía
Kleines Wörterbuch für die Aussprache, Orthographie, Biegung und Ableitung, 1788
Directorium diplomaticum, 1802
Glossarium manuale ad scriptores mediae et infimae latinitatis, 1772
Deutsche Sprachlehre für Schulen,1781
Umständliches Lehrgebäude der deutschen Sprache, 1782
Über den deutschen Stil, 1785-86
Anweisung zur Orthographie, 1788, obra que ditou as directrices ortográficas da lingua literaria do século XIX
Magazin für die deutsche Sprache, 1782-84
Mithridates, oder allgemeine Sprachenkunde,1806