Johannes Stark
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Johannes Stark (1874-1957), físico alemán, Premio Nobel de Física en 1919.
[editar] Biografía
Stark naceu en Schickenhof, hoxe Zettl, Baviera, en 1874; falecendo en Traunstein, tamén Baviera, en 1957. Estudou en Bayreuth, primeiro, realizando os estudos universitarios en Munich. Foi profesor de Física en Gottingen, Hannover, Greifswald, Aquisgrán (en alemán Aachen), Wurzburg. Descubriu o duplo efecto (efecto Doppler) dos raios eléctricos canalizados e o efecto do campo eléctrico sobre as liñas do espectro de luz emitida por elementos químicos (efecto Stark,, 1913), este último efecto foi tamén descuberto de xeito independente por Lo Surdo. Por ambos descubrimentos recibiría o Premio Nobel de Física no 1919.
Polo seu apoio á política nazi, Stark dirixiu o Intituto Físico-Técnico do III Reich, Stark foi xulgado en 1947, e condenado a catro anos.