José Luis López Sánchez-Toda
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
José Luis López Sánchez-Toda foi un gravador español.
Sánchez-Toda naceu nunha típica familia de clase media en Madrid o 30 de abril de 1901, ingresou na Escola Superior de Belas Artes de Madrid e tras rematar entrou a traballar na FNMT en 1924 onde permaneceu ata a súa xubilación, deseñou e gravou máis de 100 selos e a maioría dos billetes emitidos desde 1937, estivo á fronte da sección de Gravado da FNMT e foi profesor na Escola Nacional de Artes Gráficas. En 1969 publicou a obra El arte de grabar el sello.