New Immissions/Updates:
boundless - educate - edutalab - empatico - es-ebooks - es16 - fr16 - fsfiles - hesperian - solidaria - wikipediaforschools
- wikipediaforschoolses - wikipediaforschoolsfr - wikipediaforschoolspt - worldmap -

See also: Liber Liber - Libro Parlato - Liber Musica  - Manuzio -  Liber Liber ISO Files - Alphabetical Order - Multivolume ZIP Complete Archive - PDF Files - OGG Music Files -

PROJECT GUTENBERG HTML: Volume I - Volume II - Volume III - Volume IV - Volume V - Volume VI - Volume VII - Volume VIII - Volume IX

Ascolta ""Volevo solo fare un audiolibro"" su Spreaker.
CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
José María Alonso y Trelles - Wikipedia

José María Alonso y Trelles

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Índice

[editar] Biografía

Daquerrotipo do Vello Pancho
Daquerrotipo do Vello Pancho

O 7 de maio de 1857 nace José María Alonso de Trelles y Jarén en Santa María do Campo, Ribadeo (Lugo). A súa nai Vicenta Jarén era galega, mentres que o seu pai, o mestre Francisco Alonso y Trelles era de orixe asturiana. O fogar de José María estaba enmarcado nun profundo sentimento cristián. O neno recén nado sería bautizado na parroquia de Santa María do Campo. Arredores do ano 1861 a súa familia trasládase a localidade de Castropol (Asturias). Durante a súa nenez José María ingresa nun seminario da asturiana cidade de Navia, onde se traslada a súa familia. O propio Alonso de Trelles conta como comezou o que sería anos despois a súa vocación de escritor: "Aos sete anos era xornalista...tiraba tres exemplares (para tres únicos suscriptores, que non pagaban e que posiblemente non sabían ler)".

Polo finais do ano 1871, volve coa súa familia o fogar natal, contaba daquela con 14 anos. Durante a súa adolescencia, José María estudiou perito mercantil, sendo esta a profesión que anos máis tarde lle permitiu vivir economicamente.

Xa corria o ano 1875 e, cos 18 anos cumpridos, Alonso de Trelles parte para o Río da Prata despois de rematar os seus estudios mercantís. O seu primeiro porto de chegada foi Montevideo, onde estivo moi pouco tempo (apenas dous meses), para logo, trasladarse a Bos Aires onde se radicou no pobo de Chivilcoi (Chivilcoy), a varios centos de quilómetros da Capital Federal.

Entre 1875 e 1877 viviu neste curruncho da Pampa Arxentina. Trelles viu por primeira vez ao gaucho crioulo, familiarizouse co folclore riopratense, cunha nova forma de ser, dun ambiente mixtura do indio e do colono. A Arxentina naqueles anos estaba gobernada polo xeneral Roca, quen se caracterizou por arrasar cos indíxenas e colonizar ate a Patagonia. Para iso íase necesitar continxentes de inmigrantes que puideran poboar aquel extenso país. Entre 1860 a 1880 chegan 160.000 estranxeiros a maioría deles galegos e italianos. Coa conquista do deserto a oligarquía criolla imporá un novo modelo de país onde o indio e o gaucho non terán cabida.

Por aqueles anos un gaucho "Galego" de nome Juan Moreira convertíase en mito e en lenda. A súa vocación xornalística levouno a realizar as súas primeiras colaboracións na prensa de Chivilcoi. Pero a finais do ano 1877 o seu espírito inquedo levouno a se trasladar ao Uruguai onde pasou unha tempada en El Tala (uns 110 quilómetros de Montevideo), dentro do distrito de Canelones.

No 1881 editou a súa primeira obra "Juan el loco" da cal o mesmo Trelles di que "era algo con notables pretensións de parecerse a un poema". Esta dividida en dúas partes: "Sueños y Realidades", trátase dunha lamentación romántica, con moita influencia de Espronceda. Durante un breve tempo desprazouse a vivir á zona Brasileira de Sarandí Garupá, case límite con Uruguai, para retornar novamente a El Tala.

No 1882 casou con Dolores Ricetto, con quen terá catro fillos. Trelles asociouse co seu sogro poñendo unha casa de comercio. A súa vocación xornalística foi máis forte que o seu sentido comercial, levando á quebra esta sociedade mercantil. Seguindo os consellos do xuíz de paz da localidade - Pedro Sozo- realizou a carreira de Notariado, adicándose posteriormente á procuración.

No El Tala, Trelles captou rapidamente o carácter do lugar e da xente. Aprende as lendas. Incorporouse a linguaxe lugareña converténsose nun criollo máis. José María Alonso de Trelles, que anos máis tarde sería chamado popularmente co alcume de "El Viejo Pancho", converteuse no escritor gauchesco máis importante da literatura Uruguaia, algo así como o José Hernández dos arxentinos.

No 1892, con motivo do cuarto centenario do descubrimento de América, Trelles escribiu a obra teatral "Colón", escrita especialmente para ser interpretada por un conxunto de nenas dun colexio. Outras das obras teatrais son: "Crimen de Amor", "Un drama en Palacio", "Los dos veteranos", "Spion Kook", "Caida y Redención", "Gaucha" ...

Do 1894 ao 1900 destacouse escribindo en "El Tala Cómico" e "Momentáneas", órganos de prensa sen antecedentes neste país. Estas revistas tiñan a grande virtude de ser realizadas integramente por Trelles desde a súa impresión rudimentaria, ata as ilustracións e artigos cheos de ironía punzante. Pero xa nos anos 1896 e 1897 colaborou coas revistas nativistas "El Ombú" e "El Fogón", nas cales publicou varios dos seus poemas máis destacados. A modalidade xornalística de Trelles estaba moi influenciada polo xornalismo que realizaba no estado español a revista "El Madrid Cómico", coa grande diferencia que esta publicación contaba cun equipo extraordinario de xornalistas, namentres que Trelles traballaba solitario nun recuncho illado do Uruguai cara "El Tala Cómico".

O escritor uruguaio Pedro R. Barreiro autor do libro "El Viejo Pancho, un gallego en la poesía nativista oriental" editado polo Padroado da Cultura Galega, dixo de Trelles: "Entendeu o home de Ribadeo, no pouco tempo, a gran traxedia, o drama intenso e o remate dun tipo humano e un modo de cavilar, de vivir e de sentir condeados a desaparición, a extinción, perseguidos, execrados, anatematizados como factor de atraso, anarquía, barbarie e miseria despois de haber ocupado o pedestal de artífices da épica xesta da independencia..."

"El Viejo Pancho" foi un dos tantos galegos que se afincaron no Uruguai e que despois de provir dunha formación estrictamente relixiosa evolucionan cara o rexeitamento de dogmas. Isto era moi común que os emigrantes logo de soportar o caciquismo da igrexa (que frecuentemente a dona das terras que traballaban) e as presións dunha moral dubidosa. Ao llegar ao novo continente síntense liberados daquelas ataduras. Este foi o caso de destacadas persoalidades galegas que foron contemporáneas de Trelles no Uruguai, quen se incorporaron ás correntes do libre pensamento e na masonería. Entre os máis coñecidos están o Xeneral Antonio Díaz, Joaquín de la Sagra (irmán do famoso intelectual Ramón de la Sagra), Adolfo Vázquez Gómez, e o propio Trelles entre outros.

En 1902 nacionalizouse uruguaio e incorporouse á vida política deste país. Nas posteriores eleccións presentouse polo Partido Nacional, resultando electo deputado suplente polo departamento de Canelones na 23 lexislatura, entre 1908 e 1911, ingresando no Parlamento e ocupando unha banca na Cámara de Representantes ao finar o titular do escano.

O destacado historiador uruguaio Carlos Zubillaga dixo do seu pensamento político: "... Nesa búsqueda das mellores esencias humanas no ámbito reducido da comunidade tola, que Alonso de Trelles protagoniza no seu pago de Tala e que o leva a acción política -xa na Asemblea Representativa Departamental de Canelones, xa na Cámara de Deputados-, reside outra expresión inocultable do seu ser galego. Alonso de Trelles defensor das autonomías locais na sua patria de adopción non fai máis que traducir a realidade social e política dos seus novos horizontes vitais, o sentimento de respeito e a adhesión militante do galego a sua parroquia, a esa unidade local que está inserida nas raíces máis lexítimas do accionar social na Galiza rural..."

Cando Trelles estaba na súa mediana idade logrou cumprir cun dos seus soños de toda a vida, volver a Ribadeo e abrazar a súa nai xa moi maior. Desde a súa vila mariñeira ate Navia, percorreu con nostalxia a cornisa cantábrica. As súas lembranzas da nenez, os seus primeiros artigos xornalísticos, os anos no seminario, mesturánbanse coas altas montañas desde onde cando era pequeno pensaba que podía mirar ao mundo.

A obra literaria de Trelles destacou fundamentalmente na expresión poética. A súa primeira obra de carácter nativista foi "Resolución". Con esta obra pasou a ser coñecido en Montevideo a través das páxinas de "El Fogón". Posteriormente Trelles reuniu a súa produción poética nun único libro chamado "Paja Braba" co que acadou a súa máxima proxección literaria.

Trelles tamén incursionou no teatro, dirixindo un grupo teatral, mais foi na poesía e no xornalismo onde pasou a se converter no gran escritor costumista de fins de século. O 18 de xaneiro de 1922, é homenaxeado pola Asociación Rural de San José, feito que se fixo eco nos xornais de Montevideo.

Os derradeiros anos da súa vida son discutidos por varios biógrafos. Certo é que viviu en Montevideo, onde faleceu logo dunha longa enfermidade asociada a peritonite o 28 de xullo de 1924 (ou 28 de febreiro de 1924, segundo outras versións) con 51 anos de idade. Segundo a súa vontade expresada en vida, os seus restos foron repousar xunto aos do seu fillo maior, no camposanto de El Tala.

Monumento a José María Alonso de Trelles na súa vila natal, Ribadeo.
Monumento a José María Alonso de Trelles na súa vila natal, Ribadeo.

O 1 de setembro de 1957 os galegos residentes no Uruguai inauguraron en Ribadeo, un monumento co busto do célebre escritor galego-uruguaio que para todos será o "Viejo Pancho".

[editar] Obras

Presentamos un resumo das obras deste escritor ribadense segundo a orden en que foron aparecendo:

  • 1881 o poema "Sueños y Realidades" que se publicou en xornais da época e que engrosaría a ser unha parte do libriño "Juan el Loco".
  • 1887 Juan el Loco, libriño dos que xa sairan publicados alguns fragmentos no 1881 (acostumaba a firmar cos seudónimos Candil y Tácito ou el manco de Santa Rosa).
  • 1889 os poemas "Fruta del Tiempo"e "Vidalitas" en colaboración para xornais e revistas da época.
  • 1891 o poema "Crimen de Amor", publicado en xornais da zona.
  • 1892 o poema tratral "Colón", tamén publicado en xornais da época.
  • 1899 os poemas "Desencanto ¡A Volar!", "Resolución" e "Zonceras" para as publicacións de entonces.
  • 1900 o poema "A lo Escuro" para xornais da época.
  • 1902 Spion Kook (segundo outro autores é Spyon Kop), peza teatral.
  • 1913 ¡Guacha!, peza teatral na que de da a coñecer co seudónimo de "El Viejo Pancho"; os poemas para as publicacións da época "Caidas".
  • 1916 Paja Brava (tivo 15 edicións ate 1954; na terceira delas, en 1923, foi aconpañada de debuxos e ilustracións de artistas nacionais; a derraderira das reimpresión normais data de 1988; derradeira reimpresion commemorativa en xullo de 1998 a cargo de Gustabo San Román publicada en Santiago de Compostela polo Centro Ramón Piñeiro de Investigación de Humanidades), libro de poesía.
  • 1919 o poema "Misterio" (publicacions da época, como "El Terruño").
  • 1920 os poemas "¡Como todas!" e "Lo que no Envejece". E posiblemente o poema "Mágoa" (aunque outros autores din que é do 1922)
  • 1922 o poema "Mi Testamento"
  • 1923 o poema "A mi Rancho"

[editar] Outras obras sen datar

"Un drama en Palacio", "Los dos veteranos", "Caida y Redención", ...

[editar] Homenaxes

Entre as homenaxes que se poideron constatar, encontranse as siguintes:

  • 8 de xaneiro de 1922, celebración o estilo gaucho en San José, Uruguai.
  • Na data anterior a 1941, bautismo da rúa e praza co nome de "El Viejo Pancho" en Montevideo.
  • 25 de xullo de 1943, prantación dun ceibo, árbore nacional de Uruguai, e colocación dunha placa conmemorativa na praza da rúa que leva o nome “El Viejo Pancho” en Montevideo.
  • 3 de marzo de 1946, homenaxe en Ribadeo: “velada literaria a fin de que todolos ribadenses podan enterarse da categoría artística alcanzada polo máis ilustre ribadense de todolos tempos” e creación do Comité Hispano-Uruguaio para o Monumento o poeta na sua vila natal.
  • 28 de xullo de 1946, novo homenaxe en Ribadeo, que incluiu o descubrimento dunha placa conmemorativa na fachada da casa donde foi nado.
  • 1 de setembro de 1957, conmemoración do centenario do nacemento de Trelles en Ribadeo, que incluiu a inauguración da Biblioteca Pública “El Viejo Pancho” e o descubrimento na Praza de España de un dos dous bustos xemelgos do poeta, creados polo escultor uruguaio José Luis Zorrilla de San Martín; o segundo foi colocado o mesmo ano na Praza El Viejo Pancho de Montevideo.

[editar] Ligazón Externa

Permiso concedido por http://galizacig.com/ apartado migración

Static Wikipedia (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu