Josh Freese
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Josh Freese (nacido o día 25 de decembro de 1972 en Orlando, Florida) é o actual baterista da banda de rock A Perfect Circle.
[editar] Biografía
Josh naceu o 25 de decembro de 1972 en Orlando, Florida, pero pouco despois a súa familia mudouse a California. Influenciado polo pai, que era mestre da banda de Disneylandia, e a nai, pianista, comezou a tocar a batería con 7 anos. Aos 12 xa tocaba profesionalmente en Disneylandia, e aos 15 xa facía xiras con Dweezil Zappa (filla de Frank Zappa) e despois con The Vandals. Actualmente é membro das bandas The Vandals, Devo e A Perfect Circle.