Kanzi
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Kanzi é un bonobo macho (Pan paniscus), un dos monos máis coñecidos polas súas habelencias lingüísticas.
Nado o 23 de outubro de 1980 no Language Research Center da Universidade Estatal de Xeorxia, en Atlanta. unha das femias dominantes, Matata, roubouno aos seus pais e adoptouno, cando Matata foi seleccionada para aprender unha linguaxe por sinais deseñado por Sue Savage-Rumbaugh con centos de lexigramas, cada un con un significado concreto, que amosaba a Matata ao tempo que pronunciaba o seu significado. A experiencia, despois de anos, non daba resultados, polo que resultou unha sorpresa que un día, cando Matata estaba ausente, Kanzi comezou a utilizar os lexigramas de xeito correcto, aprendéraas, escoitando e observando, como un neno humano. Dende entón aprendeu máis de 400 palabras e utiliza regras gramaticais equivalentes ás usadas por un neno humano de dous anos. Kanzi ademais é capaz de empregar útiles de pedra
Actualmente reside no Great Ape Trust en Des Moines, Iowa.