Katmandu
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Katmandu ( काठमांडौ en nepalés) é a capital e a maior cidade do Nepal. Localízase no centro do país a 1370 metros de altitude. Ten cerca de 670.000 habitantes; está situada no val de Katmandu no Nepal central, próxima ao río Vishnumati. Foi fundada en 723 polos newares.
A cidade antiga é característica pola grande cantidade de templos e palacios budistas e Hindús, a maioría deles do século XVII. Moitos destes monumentos foron estragados desafortunadamente por terremotos e a contaminación. No val de Katmandú hai sete sitios clasificados pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade.
Katmandú converteuse nun sitio moi visitado polos turistas desde os anos 1960 a raíz do movemento hippie.