Kevin Roche
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Kevin Roche (14 de xuño de 1922) é un arquitecto norteamericano de orixe irlandesa.
Naceu en Dublín, aínda que se criou nunha poboación pequena do condado de Cork. Estudou arquitectura na Universidade de Dublín. Cando rematou a carreira, traballou durante tres anos nun despacho de arquitectos, no que colaborou no deseño dos exteriores dun importante proxecto. En 1948 abandonou Dublín e, tras un curto período no que traballou con outros arquitectos, emigrou aos Estados Unidos para estudar con Mies van der Rohe.Rematada esta época de nova formación, permaneceu na América e conseguiu un emprego no despacho de Eero Saarinen. Aos cinco anos converteuse en socio principal de Saarinen e cando este faleceu no 1961, continuou o seu labor, asociándose cun enxeñeiro de estruturas, John Dinkeloo. Xunto con el terminou proxectos tan significativos de Saarinen como a terminal da TWA no aeroporto Kennedy de Nova Iorque ou o arco de St. Louis.
Definitivamente afincado nos Estados Unidos, Roche adquiriu a nacionalidade norteamericana. Roche deseñou varios edificios que foron catalogados como monumentos nacionais nos Estados Unidos. O seu despacho foi durante algún tempo o preferido polas grandes compañías para deseñar os seus edificios corporativos. Recibiu encargos de todo o mundo para realizar estes edificios. No 1982 Roche gañou o Premio Pritzker de arquitectura, o máximo galardón neste eido, comparábel ao premio Nobel. Só no período de 1962 a 1982 Roche deseñou máis de 50 proxectos.
Está considerado como un dos arquitectos máis creativos no deseño de edificios acristalados. As súas obras son imaxinativas e innovadoras, sen que por iso incorporen elementos innecesarios.
[editar] Principais proxectos
- Fábrica de Cummins Engine (Columbus, Indiana)
- Edificio corporativo Deere and Co. (Moline, Illinois)
- Edificio corporativo General Foods (Rye, Nova York)
- Ampliación do Museo Metropolitano (Nova Iorque)
- Museo de Oakland (California)
- Edificio da Fundación Ford (Nova York)
- Edificio Nations Bank Plaza (Atlanta)
- Sé corporativa de Bouyges (Paris)
- Hotel Plaza das Nacións Unidas (Nova Iorque)
- Power Center for the Performing Arts, Universidade de Michigan (Chicago)
- Facultade de Belas Artes, Universidade de Massachusetts (Amherst, Boston)
- Banco Irwin Union and Trust Company Addition
- Edificio College Life Insurance (Indianapolis)
- Edificio Knights of Columbus (New Haven, Connecticut)
[editar] Ligazóns externas
|
|||
Philip Johnson (1979) · Luis Barragán (1980) · James Stirling (1981) · Kevin Roche (1982) · Ieoh Ming Pei (1983) · Richard Meier (1984) · Hans Hollein (1985) · Gottfried Böhm (1986) · Kenzo Tange (1987) · Gordon Bunshaft e Oscar Niemeyer (1988) · Frank Gehry (1989) · Aldo Rossi (1990) · Robert Venturi (1991) · Álvaro Siza (1992) · Fumihiko Maki (1993) · Christian de Portzamparc (1994) · Tadao Ando (1995) · Rafael Moneo (1996) · Sverre Fehn (1997) · Renzo Piano (1998) · Norman Foster (1999) · Rem Koolhaas (2000) · Jacques Herzog e Pierre de Meuron (2001) · Glenn Murcutt (2002) · Jørn Utzon (2003) · Zaha Hadid (2004) · Thom Mayne (2005) · Paulo Mendes da Rocha (2006) · Richard Rogers (2007) |