Khi
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nome da vixésimo segunda letra do alfabeto grego (χῖ); equivale ao /χ/, o son do iota castelán; anteriormente tiña o valor de /kh/, oclusiva velar xorda aspirada. Minúscula χ, maiúscula Χ. Adoita transcribirse como c ou qu. Como signo numérico representaba o seiscentos. En maiúscula serve tamén para designar o vixésimo segundo canto da Ilíada de Homero e en minúscula o vixésimo segundo da Odisea.
[editar] Véxase tamén:
Alfabeto grego |
Alfa - Beta - Gamma - Delta - Epsilon - (Digamma) - Dseta - Eta - Theta - Iota - Kappa - Lambda - Mi - Ni - Xi - Omicrón - Pi - (San) - (Qoppa) - Rho - Sigma - Tau - Ipsilon - Fi - Khi - Psi - Omega - (Sampi) |