Kurt Cobain
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Kurt Donald Cobain foi o líder do grupo de música Nirvana. Naceu o 20 de febreiro de 1967 e suicidouse dun disparo na cabeza após dunha sobredose de heroína sobre o 5 de abril de 1994, na súa casa de Seattle, (Washington). Unha das cancións máis famosas do grupo foi o himno grunge "Smells like teen spirit".
[editar] Biografía
[editar] Infancia
Cobain, fillo de Donald e Wendy Cobain, naceu no hospital comunitario de Grays Harbor en Aberdeen, Washington, e pasou seis meses vivindo en Hoquiam, no mesmo estado, antes de que a familia se mudara a Aberdeen. O seu pai traballou como mecánico na estación Chevron de Derrell Thompson, mentres que a súa nai era camareira. Cobain empezou a estudar na escla primaria Robert Gray en 1972. Segundo varias fontes, a súa primeira infancia foi feliz, e vivíu como parte dunha "típica familia estadounidense", xunto cos seus pais e a súa irmá Kimberly, nacida en abril de 1970. Dende ese tempo, Cobain empezou a amosar interese pola música.
A vida de Cobain cambiou radicalmete en 1975, cando os seus pais se divorciaron tendo el sete anos. Este feito fixo a Kurt un neno moito máis reservado. Durante un ano viviu coa súa nai e despois dese tempo mudouse a Montesano, Washington para vivir co seu pai, pero despois dun poucos anos o seu comportamento rebelde comezou a darlle problemas entre a familia e os amigos.
Nirvana |
Membros |
---|
Kurt Cobain - Krist Novoselic - Dave Grohl |
Aaron Burckhard - Dave Foster - Chad Channing - Dale Crover - Dan Peters - Jason Everman - Pat Smear |
Discografía |
Discos: Bleach - Nevermind - In Utero - MTV Unplugged in New York - From the Muddy Banks of the Wishkah |
Recopilatorios e EPs: Blew - Hormoaning - Nevermind: It's An Interview - Incesticide - Nirvana - Sliver: The Best of the Box |