La Felguera
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
La Felguera é a parroquia máis grande do concejo de Langreo e a quinta localidade asturiana tras Gijón, Oviedo, Avilés e Mieres, cunha poboación de 20.000 habitantes.
La Felguera era un núcleo rural ata a chegada no século XIX da industria siderúrgica, que aproveitaba as boas comunicacións (Ferrocarril de Langreo, terceiro ferrocarril español), a auga do río Nalón e o carbón das minas que se explotaban desde o século XVII. La Felguera converteuse no centro siderúrgico máis importantes de España, situación que acabou e empeoró coa crise industrial que sifrió Asturias e máis particularmente as "Cuencas Mineras" no século XX. Actualmente alberga o centro de novas tecnoloxías de Valnalón e o Museo da Siderurgia. As súas construcións máis importantes son os edificios da antiga fábrica, aproveitados hoxe para novas industrias ou como patrimonio industrial, a Igrexa de San Pedro, a capela de Santa Lourdes, o Chalet de Enxeñeiros, o Chalet Bustelo, as vivendas de cálea Conde Sizzo, o Barrio Urquijo, a estatua de Pedro Duro, o Mercado, o edificio da Salle Vella, a Pinacoteca de Eduardo Úrculo e tres parques: Dores F Duro, García Lago e Sutu.