Larva
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En bioloxía chámase larva a calquera forma dun animal en desenvolvemento (ou sexa, que aínda non atinxiu a maduración sexual que é diferente do estado adulto.
A larva pode ter un aspecto semellante ao adulto, ou ter formas completamente diferentes, como é o caso dos estados larvares das bolboretas ou da libeliña. Mas en calquera caso, aínda que a larva non posúe capacidade reprodutiva e non ten aínda totalmente formados tódolos órganos que caracterizan a especie, pode ter órganos que o adulto non ten.
O proceso de transición dun estado larvar a outro, ou ó estado adulto, chámase metamorfose.
Os mamíferos, aves e réptiles, colectivamente clasificados como Amniota por teren á volta do embrión unha membrana chamada ámnion, non presentan estados larvares, presentan só un estado xuvenil. Cando o ovo eclosiona, ou sexa, cando o individuo nace, ten xa tódolos órganos que os adultos posúen, inda que poidan non estar totalmente formados.
A única estrutura que o xuvenil dos Amniota pode posuír e que perde a seguir á eclosión é un "dente" córneo na extremidade da cabeza que o axuda a quebrar a "casca" do ovo, no caso de que a súa membrana exterior estea calcificada, como ocorre cas aves e algúns réptiles.