Lavochkin-Gorbunov-Goudkov LaGG-3
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
LaGG-3 | |
---|---|
![]() |
|
LaGG-3 | |
Tipo | Caza |
Fabricante | Lavochkin-Gorbunov-Goudkov |
Primeiro vóo | 30 de marzo de 1939 |
Construídos | 6.527 |
O Lavochkin-Gorbunov-Goudkov LaGG-3 foi un caza soviético da Segunda Guerra Mundial. Deseñouse debido a un requerimento de 1938 que pedía un novo caza, e o prototipo, denominado LaGG-1, voou en marzo de 1939. Era un dos cazas soviéticos máis modernos durante a invasión alemá. Construíronse 6.527 exemplares.