Lei de Boyle
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A lei de Boyle enunciada por Robert Boyle é unha das leis dos gases ideais, establece que o volume é inversamente proporcional á presión.
Boyle investigou en 1662 a relación entre a presión (P) e o volume (V) dos gases e atopou que para unha cantidade fixa mantida a unha presión constante ,P e V son inversamente proporcionais
Onde k é unha constante.
De certo, a lei de Boyle, cúmprese só de xeito aproximado nos gases reais, xa que as moléculas do gas exercen forzas entre si, as desviacións da lei aproximanse a cero no límite da densidade cero (cando a presión é cero ou cando a temperatura é infinita) xa que as moléculas do gas están infinitamente separadas unha da outra e as forzas entre as moléculas quedan anuladas. Polo tanto no límite de densidade cero o gas faise ideal.