Lenda
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Unha lenda é unha narración, oral ou escrita, de apariencia histórica pero cunha maior ou menor porporción de elementos fantásticos de tipo mitolóxico ou imaxinativo. A diferenza dun conto unha lenda ten un carácter máis trascendente ao transmitir a cosmovisión dun grupo humano que funciona como mito pero que ten unha localización espacial e a miúdo tamén temporal.
[editar] Galicia
Os investigadores do Seminario de Estudos Galegos foron os primeiros en estudar cientificamente as lendas galegas, seguindo o seu ronsel traballaron outros investigadores como Leandro Carré, Enrique Chao Espiña e Xesús Taboada Chivite.
Vicente Risco realizou unha clasificación das lendas galegas en tres tipos principais, as de carácter etilóxico, aquelas destinadas a explicar a orixe dun feito ou dunha cousa; as de carácter haxiográfico, aquelas que fan referencia a algún feito lendario da Virxe ou dos santos; e por último as de carácter histórico.