Liberty Hyde Bailey
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Liberty Hyde Bailey (South Haven, Michigan 1858- Ithaca 1954) foi un botánico norteamericano.
Estudou na Michigan Agricultural College e alí tamén deu clases ata que marchou en 1888 á Universidade Cornell en Ithaca, Nova York, onde foi director da escola de agricultura. Está considerado o pai da socioloxía e xornalismo rural. En 1903 foi un dos fundadores da Sociedade Americana de Horticultura. Bailey foi un dos primeiros especialistas do xénero Carex, sobre o que publica numerosos artigos científicos. Foi o editor da The Standard Cyclopedia of Horticulture (6 volumes, 1914-1917)