Los Serrano
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Los Serrano é unha serie de televisión española emitida por Telecinco desde o ano 2003 e que colleitou un enorme éxtito de audiencia especialmente nas súas primeiras temporadas.
[editar] Protagonistas
Trátase dunha comedia que narra a historia de Diego (Antonio Resines) un viúvo con tres fillos (Fran Perea, Víctor Elías e Jorge García, Marcos, Guille e Curro) que casa co seu antigo amor de xuventude, Lucía (Belén Rueda) divorciada e con tres fillas (Verónica Sánchez e Natalia Sánchez, Eva e Teté respectivamente).
Os personaxes complétanse co matrimonio amigo de Diego e Lucía, Fiti (Antonio Molero) e Candela (Nuria González), o seu fillo Raúl (Alejo Sauras), a nai de Lucía, Carmen (Julia Gutiérrez Caba) e o irmán de Diego, Santiago (Jesús Bonilla).
Na primeira temporada aparecía tamén Jorge Fernández interpertando ó irmán de Candela e director do colexio onde tamén traballan Lucía e Candela (ambas mestras de profesión) e estudan tódolos fillos.
Ó reparto orixinal fóronse incorporando outros actores como Alexandra Jiménez (África), mellor amiga de Eva e moza de Raúl; Jimmy Barnatán (Chuky), Goizalde Núñez (Lourditas, profesora de relixión que acaba casando con Santiago) ou Ales Furundarena (Fernando, psicólogo do colexio). Na última temporada entre as fichaxes atopábanse Pepa Aniorte (Choni) e un actor galego, Javier Gutiérrez (José Luis).
Elsa Pataky (Raquel) colaborou na serie durante algún episodios, igual que Alfredo Landa (Francisco) e Leticia Dolera (Ruth).
Andrés de la Cruz (Boliche), Sara López (Yoli) e Juan Luppi (Valdano) dan vida ós amigos de Guille desde o principio da serie.
[editar] Curiosidades
- Fran Perea, actor que se dera a coñecer en Al salir de clase, comezou a explotar a súa faceta de cantante a raíz de ser o intérprete da canción de cabeceira de Los Serrano, Uno más uno son siete, composta por Mikel Erentxun. Desde entón sacou ó mercado dous discos cuxas cancións se convertron na banda sonora da serie.
- Ademais, Víctor Elías formou na serie e na realidade o grupo musical Santa Justa Klan, con boa acollida no público infantil, xunto a Andrés de la Cruz, Natalia Sánchez e Adrián Rodríguez (DVD, unha das últimas incorporacións á pandilla dos máis pequenos da serie).
- O grupo El sueño de Morfeo apareceu nalgúns capítulos da serie antes de ser populares. Unha vez se derana coñecer volveron a participar noutro episodio.
- Ata o momento, ata xuño de 2006, lévanse emitidas 5 temporadas e máis de 90 capítulos durante os cales os protagonistas principais, Belén Rueda e Antonio Resines, estiveron ausentes ela mentres rodaba as películas Mar Adentro e El orfanato e el a causa dun accidente de moto que tamén lle impediu tamén a súa participación prevista en Alatriste.
- A nova temporada comezará a emitirse no 2007 coas marchas definitivas de varios dos actores do reparto orixinal (Fran Perea, Verónica Sánchez e Nuria González) e novos fichaxes coma o de Pilar Castro, Pablo Galán e María Hervás.