Manoel Ferraz de Campos Salles
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Período de goberno: | 11 de novembro de 1898 11 de novembro de 1902 |
---|---|
Predecesor: | Prudente de Morais |
Sucesor: | Rodrigues Alves |
Nado en: | 15 de febreiro de 1841 |
Lugar: | Campinas, estado de Sao Paulo |
Faleceu en: | 28 de xuño de 1913 |
Lugar: | Santos, estado de Sao Paulo |
Profesión: | avogado |
Partido Politico | PRP (Partido Republicano Paulista) |
Manuel Ferraz de Campos Sales (conforme a norma ortográfica da lingua portuguesa ata 1940, escribíase Manoel Ferraz de Campos Salles), avogado, foi presidente do Brasil dende o 1898 ata 1902.
Elixiuse senador en 1890, pero renunciou ó cargo catro anos despois para concorrer ao goberno do estado de Sao Paulo. En 1898 elixiuse presidente da República. Naquel ano, a economía brasileira, basada na produción e exportación de café e caucho non ia ben. Salles xulgou que todos os problemas económicos debíanse á devaluación da moeda. Entón actuou en dúas frontes:
- desenvolveu a chamada politica dos gobernadores. A través desta, concedia favores ós estados, dende que os politicos daquel estado apoiasen no Congreso as accións do goberno central. A politica dos gobernadores tamén ficou coñecida no Brasil na época como politica café con leite, pois os principais estados envolvidos foron Sao Paulo e Minas Xerais (Nota: no Brasil actual, ese tipo de troco de favores entre politicos é coñecido como clientelismo politico). E,
- no plano exterior, estableceu un acordo con banqueiros ingleses, chamado funding loan. Con este acordo, suspendeu por 3 anos o pagamento dos intereses da débeda externa, e por 13 anos o pagamento da propia débeda. Os intereses uomaronse á débeda principal, e os pagamentos comezarian en 1911, co prazo de 63 anos para concluir o pagamento, e intereses de 5% ao ano. Os impostos das aduanas do Rio de Janeiro e de Santos ficarían hipotecados ós banqueiros ingleses, como garantía da débeda. Entón, libre do pagamento da débeda, pode fazer a súa politica económica. Retirou unha parte do diñeiro en circulación e valorizou a moeda da época, o mil-réis de 48 mil-réis por libra esterlina para 14 mil-réis por libra-esterlina.
Predecesor:: Prudente de Morais |
Presidente de Brasil entre: 1913-1902 |
Sucesor: Rodrigues Alves |