Margaret Knight
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Inventoras Margaret Knight (1838-1914)
Mary Knight foi unha bostoniana que acreditou uns 90 inventos e 26 patentes, incluída unha máquina para fabricar bolsas de papel. Por este motivo foi chamada a 'raiña das bolsas de papel'. O seu primeiro invento patentouno á idade de 30 anos, aínda que se lle coñecen artiluxios caseiros xa na súa xuventude, incluídos xoguetes para os seus irmáns. É considerada a 'Edison' feminina', abarcando o seu campo de invencións temas relacionados coa vestimenta, motores, prevención de accidentes nas fábricas, calzado, e outros.
A historia da 'raíña' é sinxela: despois comezar a traballar dende nena nunha fábrica de algodón, inventou o aparello para plegar, pegar e facer fondos cadrados para as bolsas, que anteriormente parecíanse ós sobres actuais, cun baixo aproveitamento do espacio interior. Fixo un modelo de madeira, pero necesitaba un en ferro para a patente. Un traballador na compañía que lle facía o modelo en ferro patentou a máquina e ella tivo que loitar legalmente ata consguir a patente en 1870. Ese mesmo ano fundou a súa propia e exitosa compañía, asociada cun home de negocios. A máquina orixinal inventada por ela para as bolsas está no Museo Smithsoniano en Washington.