Margarida
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Margarida é o nome popular común a unha grande variedade de plantas e flores. En realidade é un termo controvertido. Podería aplicarse só a planta herbácea das compostas (Bellis perennis), de follas dentadas ou fendidas e flores en capítulo, cun botón central amarelo e a corola branca; pero non existe gran concordancia entre os autores en canto à utilización deste nome, que presenta moitas variantes. Hai mesmo quen designa como "margarida" calquera planta da família das Compositae ou compostas.
É habitual que se consideren margaridas:
- Calquera planta do xénero Bellis, da família das Compostas, entre as cales destacan:
- Bellis perennis.
- Bellis sylvestris.
- Bellis annua.
- A planta da especie Leucanthemum vulgare ou Chrysanthemum leucanthemum.
- A espécie Chrysanthemum frutescens.
- Callistephus chinensis.
- Tibouchina aspera.
[editar] Outras especies
- Coreopsis lanceolata
- Chrysanthemum coronarium
- Montanoa bipinnatifida
- Gerberia
- Wedelia paludosa