Maria Gaetana Agnesi
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Maria Gaetana Agnesi (16 de maio de 1718 - 1799) foi unha matemática, lingüista e filósofa italiana.
Agnesi acreditouse co seu primeiro libro, no que discute o cálculo diferencial e integral. Dous anos máis tarde, o seu pai comezou a reunir na casa de xeito periódico ás persoas máis cultas de Boloña, con quen ela mantivo diversas discusións. Resumes desas reunións recolléronse en “Cartas sobre Italia” e en “Proposicións Filosóficas”, que o seu pai publicou no 1738. Ademais, ós trinta anos, falaba entre outras linguas, grego, hebreo, francés, castelán e alemán. Foi membro honorario da Universidade de Bolonia
O mellor resultado do seu traballo foi a “Instituzioni analitiche ad uso della gioventu italiana”, un traballo publicado en Milán en 1748. O seu primeiro volume trata da análise de cantidades finitas e o segundo da análise infinitesimal. Unha tradución francesa do segundo volume por P.T. d'Antelmy, con engadidos de Charles Bossut, apareceu en París no 1775; e unha tradución inglesa do conxunto do traballo de John Colson, profesor Lucasiano de matemáticas en Cambridge, foi publicado no 1801 a cargo do Baron Maseres. Tamén escribiu un comentario no Traité analytique des sections coniques of the marquis de l'Hôpital, o que, a pesar de ser alabado polas persoas que viron o manuscrito, non foi nunca publicado.
Discutiu a curva coñecida como "versiera", como a chamou en 1748. É definida como:y= 1/(x2+1) ou, en xeral, y= a3/(x2+a2)
A curva fora estudada antes por Fermat e Grandi no 1703.
En 1750 foi designada polo Papa Benedito XIV para o posto de matemáticas e filosofía natural en Boloña. Tras da morte do pai en 1752 dispúxose a efectuar algo longamente acariñado por ela: o estudo da teoloxía e dos Pais da Igrexa, pasando a integrarse nunha orde relixiosa, terminando así os seus días en 1799.