Maria Margaret Kirch
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Astronomía Maria Margaret Kirch (1670-1720)
María Kirch naceu como María Winckelmann, filla dun ,ministro protestante que non lle deu educación formal. Nembargantes, interesouse pola astronomía a través de Christoph Arnold von Sommerfeld, coñecido polo alcume do paisano astrónomo. No 1692 casou cun astrónomo que a animou e do que aprendeu o que necesitaba para os seus labores científicos. Traballaron conxuntamente, se ben debido á súa condición de muller só o seu marido traballou na Berliner Akademie. Ela descubriu o cometa coñecido como cometa de 1702. Tras a morte do seu marido en 1714, comezou a publicar de xeito independente, e traballou no cálculo do calendario para o observatorio do Baron von Krosigk co seu fillo, quen tamén chegaría a pertencer á Berliner Akademie.