Mariola
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O xogo da mariola é un xogo principalmente feminino aínda que na actualidade xa hai presenza masculina nas súas partidas.
[editar] Materiais necesarios
Para comezar a xogar só se necesita debuxar o campo de xogo e coller unha pedra para poder lanzala e xogar. Dependendo das zonas, o campo debúxase de diferentes formas. Na zona de Carnota, debúxase un terreo de xogo onde se enumeran as casiñas do un ao nove. Nesta zona tamén é chamado Pelete.
[editar] Normas
- Para comezar a xogar sortéase cal dos xogadores comeza a partida.
- Ao principio tírase a china ( pedra ), na casiña un. Realízase o percorrido como de costume, pero se se tocan as liñas limitantes perderase a quenda e pasara ao xogador contrario.
- Se a china ou pedra non cae na casiña correspondente, tamén se perderá a vez.
- Cada xogador poderá tirar cantas veces poida, mentres a pedra non pise a liña ou saia desta.
- Cando se perde a quenda e posteriormente se volve a xogar, pois xa pasou toda unha ronda de xogadores, empezarase a xogar onde se quedara anteriormente.
[editar] Proceso
Para comezar, tírase a pedra na casiña un e sáltase á pata coxa, sen pisar na casiña que ten a pedra. Ao chegar ás casiñas divididas con dous números (as casiñas 4 e 5, e as casiñas 7 e 8 ), porase un pé en cada unha simultaneamente. Ao chegar á derradeira casiña, tamén dependendo das zonas, nunhas remátase o xogo e noutras séguese.