Marvel Comics
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Marvel Comics é unha editorial estadounidense de Banda Deseñada, con sede en 387 Park Avenue South, en Nova Iorque. Entre as súas revistas máis famosas encontramos os Catro Fantásticos, Spiderman, Hulk, Capitán América, e X-Men. É unha das dúas empresas estadounidenses máis importantes, xunto a DC Comics, dende a década de 1960. Actualmente, conta con máis de 4700 personaxes.
Índice |
[editar] Historia
Marvel foi fundanda nos anos 30 (do século XX), utilizando varios nomes (sendo Timely Comics o máis utilizado). A súa primeira publicación foi en 1939 co primeiro número da revista Marvel Comics, onde se deron as primeiras aparicións do superheroe Antorcha Humana (non a dos Catro Fantásticos, senón un androide con poderes moi semellantes que reaparecería no universo marvel ao longo dos anos 80-90) e o antiheroe Namor, (o Príncipe Submariño). Durante os anos 40, a Timely tamén era coñecida por publicar o seu heroe patriota Capitán América.
Nos anos 50, xuntamente coas restantes editoras, a Marvel atravesou tempos difíciles. Durante esta década publicou principalmente historias con monstros, en xeral condimentadas lixeiramente con ficción científica. Durante esta época, a empresa foi coñecida por Atlas Comics ou Timely/Atlas.
DC Comics estaba a conseguir éxito ao renacer o xénero de superheroes de banda deseñada ao final dos anos 50 e comezos dos anos 60, e a Marvel decidiu seguir o mesmo camiño, e os seus empregados Stan Lee (edición e argumento) e Jack Kirby (arte) crean aos Catro Fantásticos. A revista foi un éxito e a Marvel comezou a publicar outros títulos de superheroes. O que tivo máis êxito foi o de Spiderman, por Stan Lee e Steve Dikto.
Os libros da Marvel distinguíanse dos demais polo universo no que se desenvolvían era máis próximo á realidade. Os argumentos exploravam a caracterização dos personagens. No caso de Spiderman, era un xove heroe con algunha falta de autoestima e moitos problemas mundanos, semellantes ao de moitos adolescentes. Este novo ollar acabou por revolucionar, co paso do tempo, a banda deseñada norteamericana. Lee gañou prestigio e foi durante algúns anos o director da empresa.
No inicio dos anos 70, unha serie de novos directores traballaran para a empresa nunha época non moi favorábel para esta industria. Ao final de esa década, a Marvel estaba novamente de boa saúde, grazas ás novas estratexias de márketing na distribuición e á renovación do título X-Men, por Chris Claremont e John Byrne.
Nos anos 80, Jim Shooter era o director. A pesares da súa personalidade controvertida, conseguiu eliminar algúns dos males da empresa - como a falta de publicación das revistas no prazo debido e promover un renacemento creativo na empresa.
No ano 1981, a Marvel comprou os estudos de animación DePatie-Freleng Enterprises do famoso animador dos Looney Tunes Frit Freleng. A empresa foi rebautizada como Marvel Productions Ltd. e produciu series de debuxos animados bastante coñecidas, como G.I. Joe, Transformers e Muppet Babies.
En 1988, a Marvel foi comprada polo productor e empresario Ronald Perelman, que colocou a empresa na Bolsa de Nova Iorque e promoveu o aumento do número de títulos publicados. Entretanto, a empresa vendeu o seu catálogo de animación a Saban Entertainment e pecharon permanentemente o estudo de animación, optando por contratar terceiros para producir os seus proxectos de animación.
A Marvel gañou bastante diñeiro no inicio dos anos 90 debido ao boom da banda deseñada nos Estados Unidos, pero a mediados da década apareceron acusacións de que Perelman tirara todos os cartos da empresa en beneficio propio. Como consecencia, a industria de distribuición de revistas de banda deseñada sufriu um grande abalo cando a Marvel anunciou que o seu distribuidor exclusivo passaría a ser o Heroes World. A perda potencial da maior empresa da industria, orixinou ao encerramento das actividades da maioría dos distribuidores. Presentemente, apenas existe uma grande distribuidora de banda deseñada nos Estados Unidos, a Diamond Distribution, o que moitos peritos julgam ter causado imenso dano na indústria da banda desenhada.
O investidor Carl Icahn tentou obter o controlo da Marvel, pero por loitas xurídicas, o control da empresa foi entregado en 1997 a Isaac Perlmutter, proprietario da Toy Biz, unha das empresas do grupo. Co seu socio Avi Arad e os seus nomeados (e controvertidos) editor Bill Jemas e o director Joe Quesada, Perlmutter reergueu a Marvel. Co gallo da revitalización das revistas da empresa, algúns dos seus personaxes foran adaptados para se tornarem filmes de éxito, principalmente X-Men e Spiderman.
A Marvel mantense coma unha das principais editoras norteamericanas de banda deseñada, mesmo nunha altura na que a industria é apenas unha fracción do que foi décadas atrás. Stan Lee xa non está oficialmente ligado á empresa, pero permanece un nome coñecido na industria e ocasionalmente demostra o seu cariño polos personaxes.
En 2001, a Marvel Comics retirouse da Comics Code Authority e estableceu o seu propio sistema de clasificación para as súas revistas. Creou tamém novas liñas editoriais, incluindo unha destinada a adolescentes máis vellos (Marvel Knights) e outra a adultos (MAX).
[editar] Editores xefe
Os editores xefe de Marvel foron figuras de gran poder tendo a última palabra en decisiones creativas da compañía.
- Joe Quesada (2000-)
- Bob Harras (1995-2000)
- Tom DeFalco (1987-1995)
- Jim Shooter (1978-1987)
- Archie Goodwin (1976-1978)
- Gerry Conway (1976)
- Len Wein (cómics a color) y Marv Wolfman (cómics en blanco y negro) (1974-1976)
- Roy Thomas (1972-1974)
- Stan Lee (1944-1972)
- Vince Fago (substituíndo a Lee durante o seu servizo militar) (1942-1944)
- Stan Lee (1941-1942)
- Joe Simon (1939-1941)
[editar] A Marvel no cine
Algúns dos personaxes da empresa foron adaptados ao cine, dando lugar a algunhas películas:
- Capitán América (1991)
- Transformers: The Movie
- Spiderman
- Spiderman 2
- Os 4 Fantásticos
- Elektra
- Sin City
Existen máis películas de personaxes da Marvel en proxecto:
- Spiderman 3
- Transformers (2007)