Mary Walker
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Medicina Mary Walker (1832-1919)
Nada no estado de Nova York, graduouse no Colexio Médico de Siracusa no 1855. Estableceuse e casou con Albert Miller, non adoitando a apelido do seu marido en contra do tradicional. Deronlle unha medalla ó honor do Congreso en 1866 pola súa actividade prestando servicios de cirurxía durante a guerra civil estadounidense, sendo a única muller e único civil en recoñecérselle e debido ó seu arriscado comportamento, atendendo a feridos de ambos bandos. Con posterioridade, en 1917, fóille retirada ó convertirse en sufraxista e defender os dereitos das mulleres. Nun xesto en liña coas suas ideas, negouse a devolvela, levándoa consigo ata a súa morte e séndolle con posterioridade devolto o honor polo Presidente Jimmy Carter.
Durante a súa vida loitou contra as malas influencias do tabaco e o alcohol. Foi autora de diversos escritos, incluído un traballo semi-autobiográfico. A súa efixie aparece en diversos sellos do US postal Service. Non fixo descubrimentos nin investigación recoñecida, pero a súa actuación como médico marcou un fito dentro dos servicios prestados polas mulleres nesta ciencia.