Masaccio
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Masaccio (Tommaso Cassai ou Tommaso di Ser Giovanni di Mone) (San Giovanni Valdarmo, Italia, 21 de decembro de 1401 – Roma, outono de 1428) foi un pintor italiano do Renacemento, o iniciador da pintura moderna. A pesar da súa curta carreira tivo unha fonda influencia noutros pintores posteriores; foi dos primeiros en usar a perspectiva científica na pintura.
Dende as súas obras iniciais como Expulsión de Adán e Eva ou O Tributo na capela Brancacci da Igrexa do Carme en Florencia, a súa foi unha linguaxe austera e monumental, centrado no home e na súa acción. Mediante unha recreación intelectual despois dunha profunda observación da súa realidade, Masaccio verificou á volta á natureza humana e o espazo no que se desenvolve a súa actividade e non através dunha simple reprodución das súas apariencias externas. Isto vai orixinar formas sintéticas, fortes volumes, acenos elementais mais decisivos. Nos seus últimos frescos en Santa María Novella e en Brancacci leva a perspectiva brunelleschiana á perfección.