Merlín e familia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Merlín e familia é unha novela de Álvaro Cunqueiro, coa que principiou un camiño exitoso como narrador en lingua galega. Foi unha obra de longa elaboración, comezada en 1953, e foi, tamén, fundamental a intervención de Francisco Fernández del Riego para que Cunqueiro dese o paso para publicar narrativa en galego. Merlín e familia publicouse en 1955 e supuxo unha renovación da narrativa galega da época, abafada polas consecuencias que para a literatura galega tivera a guerra civil.