Mestre Mateo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Mestre Mateo foi un arquitecto e escultor, artífice do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela. Dise que está autoesculpido no propio pórtico. Tamén é autor do antigo coro pétreo da mesma catedral. Este coro desfíxose (e algunhas das súas pezas estaban de esteos en viñas), pero agora estase tentando rematar de reconstruír.
Mateo foi o mestre das obras da Catedral de Santiago de Compostela dende 1168, nomeado por Fernando II de León para rematar a construción da catedral.