Micronesia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Micronesia é un grupo de arquipélagos de Oceanía sitos no Océano Pacífico, ó leste de Filipinas e ó norte de Papúa Nova Guinea. Esténdese dende os 140° ata os 180° leste e dende os 30°N ó ecuador. Ocupa en total aproximadamente uns 2.800 qm2 de superficie con menos de 200.000 habitantes. Os arquipélagos máis importantes son as Marianas, as Carolinas e Palau.
Ós seus habitantes chámanse micronesios e son mestizos de polinesios e melanesios. As construcións tradicionais son palafitos -casas construidas sobre estacas-. A economía baséase na agricultura (escasa) e na pesca, sendo dende moi antigo uns bos constructores de canoas. O primeiro europeo en tomar contacto cos micronesios foi Fernán de Magalláns en 1520.