Miguel Torga
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Pseudónimo adoptado en 1934 polo escritor portugués Adolfo Correia da Rocha (San Martinho de Anta (Vila Real), 1907 - Coimbra, 1995).
Fillo de labregos, emigrou con trece anos ó Brasil, voltando a Portugal no 1925 para coa axuda financieira do seu tío do Brasil, matricularse na Facultade de Medicina da Universidade de Coimbra, onde remataría os seus estudios no ano 1933. Exerceu como médico en varias localidades do país, fixándose definitivamente no ano 1939 en Coimbra.
Iniciouse na literatura no primeiro ano da universidade, ligandose ao grupo da revista ¨Presença¨. Participou logo na fundación da revista ¨Sinal¨, do que só sairía un número, e en 1936 na revista ¨Manifesto¨. Logo destas experiencias afastaríase de por vida de escolas literarias e mesmo de contactos cos circulos culturais portugueses.
Torga, é en primeiro lugar o poeta de Tras-Os-Montes, abranguendo a súa obra o conto, a novela e o teatro. Mais son os seus Diarios onde critica, polemiza, retrata paisaxes que o emocionan, e reflexiona sobre a condición humana. As súas obras mais coñecidas son: A Criaçao do Mundo (Novela autobiográfica publicada por volumes (1937-1981)), os contos Bichos (1940) e Contos da Montanha (1941), os seus Diários (Publicados en XVI volumes abranguendo dende o ano 1932 ata o ano 1993), e Antologia Poética (1981).
Foi un das figuras estelares da literatura portuguesa do século XX, sendo premiado varias veces pola súa obra literaria. No 1995 regresou para sempre ó seu paraíso natal, San Martinho de Anta.