Mike Portnoy
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Descarado pero brillante, Portnoy é o flamante baterista dos mundialmente coñecidos Dream Theater, un grupo de rock progresivo.
Índice |
[editar] Biografía
Nacido o 20 de Abril de 1967 en Nova Iorque, amosou xa de moi novo a súa afeción pola música. Entrou no Berklee Music College de Boston onde coñecería os seus compañeiros de grupo: John Petrucci (guitarrista) e John Myung (baixista). Ata o día de hoxe leva brindándonos unha espectacular percusión en tódolos traballos do grupo e algúns experimentos musicais como Liquid Tension Experiment. As súas composicións están fortemente marcadas por dobres bombos, enérxicos redobres, polirritmias e sobretodo unha grande orixinalidade. Dispón dun incontable número de accesorios no seu equipo de batería, os cales aproveita para sacar novos sons, xogando con eles.
O seu carácter obsesivo compulsivo lévao sempre a involucrarse de forma desmesurada en calquera das súas actividades, por iso evita o alcol e o tabaco. Deixou este último como promesa á súa nai no leito de morte ao falecer esta dun cancro. Nos concertos en directo sempre ofrece a nota de cor. As súas escenas cómicas son fielmente captadas polas cámaras que el mesmo se encarga de dirixir. Mike Portnoy é un 'pallaso' entrañable quen, a pesar das críticas suscitadas cara el nalgunha ocasión, non se lle pode negar que se trata dun dos mellores bateristas do mundo.
[editar] Influencias
Entre as influencias favoritas de Portnoy están Neil Peart, Frank Zappa, Terry Bozzio, Phil Collins, Vinnie Colaiuta, Simon Philips, John Bonham, Keith Moon, Ringo Starr y Bill Bruford. Como bandas favoritas ten a The Beatles, Queen, Yes, Rush, Pink Floyd, Metallica, Jellyfish, Iron Maiden, U2 e Jane's Addiction.
[editar] Equipo
Mike Portnoy conta con diferentes e xigantescos kits de batería:
- Siamese Monster (Tama/Sabian) (o máis espectacular)
- Purple Monster (Tama/Sabian)
- The Transatlantic kit (Tama/Sabian)
- The Awake/ A Change of Seasons kit ( Mapex/Sabian)
[editar] Ligazón externa
- Sitio Web oficial de Mike Portnoy.