Mike Shinoda
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Michael Kenji Shinoda ou Mike Shinoda (11 de febreiro de 1977 Agoura, California) é un MC e vocalista estadounidense, membro do grupo Linkin Park.
[editar] Biografía
Os seus antepasados eran xaponeses emigrantes a partir da II Guerra Mundial. O seu pai é xaponés (Leslie Shinoda) e a súa nai (Kim Shinoda) tamén posúe algo de sangue nativa americana. Criouse en Los Angeles no suburbio de Agoura, onde residiu durante toda a súa vida pre-adulta. O primeiro paso de Mike cara ao negocio da música foi durante os seus anos de secundaria, cando asistiu a un concerto onde se presentaban Anthrax e Public Enemy. Empezou a tomar leccións de piano cando era moi pequeno. Actualmente vive en Los Angeles e ten un proxecto alternativo a Linkin Park denominado Fort Minor.
[editar] Véxase Tamén
Linkin Park |
Membros |
---|
Chester Bennington - Mike Shinoda - Joe Hahn - Brad Delson - Rob Bourdon - Dave Farrell |
Discografía |
Discos: Hybrid Theory EP - Hybrid Theory - Reanimation - Meteora - Live in Texas - Collision Course - Minutes To Midnight |