Miriápodo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Grupo de animais artrópodos, similares ós insectos nalgúns aspectos, pero con caracteres que os diferencian destes. Os miriápodos son unha categoría taxonómica que comprende 4 grupos terrestres de mandibulados —os cempés, os milpés, os pauropodos, e as synfilas—, e entre 10500 e 17000 especies. Todos teñen en común un corpo composto de cabeza e un longo tronco con moitos segmentos. O corpo é máis ou menos longo, e ten multitude de pares de patas similares en canto a forma e función (na clase Chilopoda o par de patas más cercano á cabeza adoita estar modificado e fai as funcións de mandíbulas e aguillóns inoculadores de veleno). Os catro grupos tamén exhiben diferencias marcadas en aspectos tales como a alimentación, por exemplo, dándose o caso de especies predaroras (clase Chilopoda) e outras de hábitos detritívoros (clase Diplopoda).
Tradicionalmente os miriápodos foron considerados parientes cercanos dos insectos, é dicir, hexápodos, e están unidos a eles no subfilo Uniramia, entre o cal os miriápodos son tratados como unha superclase. A súa condición foi cuestionada por algúns biólogos (por exemplo, Barnes, 1968), e en particular foi considerado probable que foran parafiléticos ós hexápodos. Sen embargo, estudios xenéticos apoian a súa condición monofilética, e suxiren que poden non ser parentes tan cercanos dos hexápodos, poidendo pertencer máis preto dos quelicerados. Esta visión refléxase ó tratalos como unha superclase separada en Arthropoda en vez de dentro dun suposto subfilo Uniramia.