Mitsubishi G4M
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Mitsubishi G4M | |
---|---|
![]() |
|
G4M "Betty" | |
Tipo | Bombardeiro |
Fabricante | Mitsubishi |
Primeiro vóo | 23 de outubro de 1939 |
Construídos | 2.446 |
O Mitsubishi G4M foi un bombardeiro xaponés usado durante a Segunda Guerra Mundial. Deseñouse no ano 1937 como bombardeiro de ataque baseado en terra e tivo moito éxito durante as primeiras fases da guerra, aínda que avanzada esta sufriu numerosísimas perdas. Foi o bombardeiro xaponés máis construído, fabricándose en total 2.446 entre 1939 e agosto de 1945. Os aliados puxéronlle o algume de "Betty".