Molécula bipolar
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Unha mólecula bipolar ou dipolo molecular é unha molécula na que os elementos que quedan cargados positivamente (por cederen electróns) predominan nunha beira da molécula e os que están cargados negativamente (por tomaren electróns) no outro. Deste xeito a molécula ten dous polos, (asemellándose á imaxe dun imán). Debido a esta distribución de cargas, as moléculas bipolares teñen importantes propiedades eléctricas. Un caso moi coñecido e amplamente estudado é o da molécula de auga.