Moldova (rexión de Romanía)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Moldova é unha das tres rexións que deron orixe á moderna Romanía e á República de Moldova. As outras dúas son Valaquia e Transilvania. Dúas rexións anexadas tamén a Rumania son Dobruia ou Dobrudia e o Banato.
Coñecida como Principado de Moldova dende o século XV. A súa parte occidental, xunto co Principado de Valaquia, uníronse dando orixe ó Reino de Romanía en 1878. A parte oriental, foi ocupada por Rusia baixo o nome de Basarabia ou Besarabia, tomado da antiga Dinastía dos Basarab ou Basarabi. O reino de Romanía anexou Transilvania ó termina-la Primeira Guerra Mundial
Esta zona, menos a franxa costeira que pertence á Ucraína, convertiuse na República de Moldova, tras ser unha das quince repúblicas que formaban á ex Unión Soviética.
Rexións históricas da Romanía | ||
---|---|---|
Dobruxa | Moldova (Besarabia - Budxac - Bucovina - Herta) | Transilvania (Banato - Crisana - Maramureş) | Valaquia (Muntenia - Oltenia) |