Monte Penide
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Atención: Este artigo precisa un traballo de revisión.
wikificar
Por favor vexa a lista de Artigos con problemas e mellóreo de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero por favor non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.
Este monte exténdese por amplias zoas das parroquias de Cedeira, Trasmañó, Negros, Chapela e Cabeiro. Nesta zoa podemos encontrar numerosos xacementos arqueolóxicos, tanto da idade de bronce como da etapa castrexa. Desta forma, na zoa encóntranse máis de 30 túmulos funerarios prehistóricos, entre todos eles destaca A Mámoa do Rei, cunha gran cámara interior. Nesta zoa tamén destacan os numerosos gravados rupestres, con ata un total de once estacións. Por último cabe destacar o Castro de Negros, que como indica o seu nome foi un asentamenteo castrexo.
Deste monte tamén cabe destacar que se trata dun entorno natural de importancia, con áreas de ocio e descanso como a zoa de Poza Lágoa. Ademais hai numerosos miradores a Ría e a vila de Redondela, como son as vistas dende Coto Fenteira, lugar de múltiples petroglifos e o propio mirador de Castro de Negros. Esta zona tamén é atravesada polo Sendeiro das Greas.