Morales Ramos
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Flor Morales Ramos foi un músico e compositor portorriqueño.
Naceu no Barrio Bairoa de Caguas, o 5 de setembro de 1915. Faleceu en Salinas, o 23 de xaneiro de 1990. Estudiou ata cuarto grado, "pero cuarto grado dos de antes", segundo el mesmo sinalara en múltiples ocasións. A súa relación ca música comezou gracias a unha das súas irmás, que o iniciou no mundo das décimas.
Con trece anos, xa cantaba de xeito prometedor. En 1932 participou nun concurso de trovadores en Caguas, patrocinado por Perú Maymí, dono dunha moblería. Máis adiante, Juan Brugal e Pepe Balado (donos dos rones Brugal, Caballito e Tráfico) o contrataron. Traballou, ademáis, como artista exclusivo da WKJB Radio (de Tito Bechara). En 1942 formou parte da inauguración da WIAC Radio (de Enrique Abarca e Félix Muñiz Souffront). En Bayamón, animou o programa de radio "La Hora del Volante". Entre 1960-1972 traballou no programa "La Montaña Canta" para a WHOM de Nova Iorque. (Toro Vargas, inédito).
Foi coñecido artísticamente como Ramito e por El Cantor de la Montaña. Ramito é un fiel representante da música típica portorriqueña, non só pola súa labor incansable como intérprete senón tamén polas súas composicións musicais. As súas aportacións, en termos de xéneros musicais resulta sorprendente: creou a enramada' (ca que quería perpetuar o seu nome), tres clases de llaneras, o aguinaldo cagüeño, o mariandá, o aguinaldo de Adjuntas, y o aguinaldo orocoveño. (Toro Vargas, inédito).