Muralla de Lugo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A muralla de Lugo data da época romana, probablemente comezouse no ano 260, ao aumentar a importancia de Lucus Augusti como centro de comunicacións e comercial, a súa construción durou ata a época de Constantino. Declarada Monumento Nacional en 1921, o 30 de novembro de 2000 a UNESCO declarouna Patrimonio da Humanidade
O perímetro da muralla, que forma unha elipse imperfecta, é de 2.117 metros e a súa altura varía entre os 8 e os 12 metros. Sobre a muralla o camiño de ronda varía entre os 4'5 e os 7 metros de largo. Na parte exterior da muralla un foxo con forma de V podía encherse de auga en caso de perigo. En orixe tiña 85 torres, das que se conservan 71, tiñan unha función defensiva. En orixe a muralla tiña cinco portas, pero posteriormente abríronse outras cinco.
[editar] Portas romanas
- Porta Miña, a máis antiga, e era a porta que daba saída á estrada que ía ao Miño
- Porta de Santiago (ou do Postigo), era a porta privada dos coengos
- Porta de San Pedro (ou Toledana), era a porta principal, dela saía o camiño a Castela.
- Porta Nova, a actual substituiu a outra romana no século XIX
- Porta Falsa, era a porta utilizada pola gornición romana
[editar] Portas modernas
- Porta do Bispo Aguirre, obra de Nemesio Cobreros a fins do século XIX feita para ter un acceso aos camposantos.
- Porta do Cárcere, data de 1888 e é obra de Nemesio Cobreros, construiuse para poder acceder ao cárcere.
- Porta da Estación, data de 1918 para acceder á estación de ferrocaril, obra de Luciano Travadelo
- Porta de San Fernando, data de 1963, obra de Ruperto Sánchez Núñez, para ampliar a antiga Porta do Príncipe Alfoso que databa de 1853
- Porta do Bispo Odoario, data de 1921