Murguía
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nomeada así por Manuel Murguía, un dos historiadores máis sobranceiros de e sobre Galicia, e subtitulada "Revista Galega de Historia", é unha publicación cuadrimestral editada en Santiago de Compostela baixo os auspicios da Asociación Galega de Historiadores e do grupo Colectivo Murguía, de Pontenotempo e dirixida por Uxío-Breogán Diéguez Cequiel. Comezou a súa andaina no ano 2003 e o número 6 corresponde a xaneiro-abril de 2005. O seu ISSN é 1696-9197 e o seu depósito legal é C-1640-2003.