Musteriense
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cultura Musteriense é o nome dado polos arqueólogos ao estilo de ferramentas de pedra (ou indústria) datado do Paleolítico Medio.
É así chamado despois da descoberta do sítio de Le Mostier, un abrigo rochoso na rexión de Dordogne na Francia. Ferramentas de pedra similares ten sido atopadas en toda a Europa sub-ártica e tamén no Oriente Medio e norte da África.
As ferramentas musterienses eran feitas polos neandertais en datas comprendidas entre o 300.000 a.C. e o 40.000 a.C., antes dos humanos modernos chegaren á Europa entre o 70.000 a.C. e o 32.000 a.C.
Deste período aparecen os primeiros rituais funerarios, o canibalismo ritual, o culto ao oso das cavernas (Ursus spelaeus).
O Musteriense é dividido en varios grupos:
- Musteriense de tradición Achelense tipo A
- Musteriense de tradición Achelense tipo B
- Musteriense típico
- Musteriense de tipo Quina-Farrasie
- Musteriense de denticulados