Natalie Portman
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Natalie Portman (Hebreo: נטלי פורטמן), nada como Natalie Hershlag (Hebreo: נטלי הרשלג) no 9 de Xuño, 1981, e unha actriz israelí-americana gañadora do Globo de ouro e nominada ó Oscar.
Dende pequena, Portman pasou os veráns en acampamentos de teatro onde desenrolou o seu amor pola actuación. Despois de traballar en varios musicais de Broadway, foi selecionada para a pelicula Léon á idade de tan só 12 anos. Durante os anos 90, Portman traballou en papeis en peliculas como Heat, Everyone Says I Love You , Mars Attacks! e Beautiful Girls.
Fala Hebreo , Inglés , Francés , Alemán , Xaponés e algo de Castelán , é vexetariana e segun manifestou non toma ningún tipo de droga nin alcol.
A finais dos anos 90, foi selecionada para o papel de Padmé Amidala na [[Triloxía Star Wars]]. Pese a isto ela decidiu seguir cos seus estudos de psicoloxía na Universidade de Harvard. Destacan os seus últimos papeis en películas como Garden State, Closer, e V for Vendetta. Polo seu papel en Closer, recibiu o Globo de ouro e foi nominada ó Oscar.