Nicho ecolóxico
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nicho Ecolóxico trátase dun concepto derivado dos estudos de competencia interespecífica que se poden albiscar dende os traballos pioneiros de Lotka, Volterra, Gause, etc.
Refírese ao conxunto de características espaciais, tróficas, temporais, etc. que definen a función dunha determinada especie no ecosistema. Non se debe confundir coa súa ubicación meramente espacial, senón que hai que entendelo como unha ubicación nun espacio n-dimensional que define o emprazamento ecolóxico de cada especie.