Nick Oliveri
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nick Oliveri (nado o 21 de outubro de 1971) é un músico estadounidense de Palm Desert, California. Actualmente toca o baixo e canta na súa propia banda, Nick Oliveri and the Mondo Generator. Tamén fai actuacións en solitario tocando unha guitarra acústica. Foi membro da lendaria banda de desert rock Kyuss, e en 1998 uníuse a Queens of the Stone Age como vocalista e baixista.