Notación musical
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A notación musical é un sistema de signos para escribir música, ao longo do tempo e das diferentes culturas desenvolvéronse diferentes sistemas de notación musical. É un proceso que se desenvolveu na cultura occidental, o uso sistemático da notación musical posibilita a conservación dun amplo repertorio musical que non é posible de ter que aprender o músico de memoria as pezas, ao tempo que o libera da parte máis mecánica da súa tarefa, co que se pode concentrar na creación de estruturas máis complexas.