Nouvelle Action Royaliste
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nouvelle Action Royaliste (Nova Acción Monárquica), NAR é un partido político francés, que avoga pola instauración dunha monarquía constitucional en Francia, coñecidos ás veces como monárquicos de esquerdas pola súa ideoloxía próxima aos partidos da esquerda francesa.
O presidente é Bertrand Renouvin, conta con arredor de 1.500 militantes, ten como órganos oficiais Royaliste (bimestral) e Le Lys Rouge (trimestral) e apoia os dereitos do conde de París (Henrique de Orleáns) ao trono de Francia.
[editar] Historia
Bertrand Renouvin fundouno en abril de 1971 co nome de Nova Acción Francesa (Nouvelle Action française), presentouse ás eleccións presidenciais de 1974 e conseguíu 43.722 votos (0.17%). En outubro de 1978 adoptou o seu actual nome. Nas eleccións presidencias de 1981 apoiou a candidatura de François Mitterrand e en 1982 o NAR funda os clubs Nouvelle Citoyenneté, cos que pretendía esparexer a súa influencia no seo da sociedade francesa. Nas eleccións presidenciais de 1988 volve dar o seu apoio a Mitterrand.
Propugnou o non no referendo sobre a constitución europea de 2004.