Wikipedia:O que a Wikipedia non é
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Wikipedia é unha enciclopedia. Dada a definición xeral de enciclopedia resulta un pouco complicado decidir exactamente que cousas caben aquí. Non obstante, temos unha boa idea de que cousas non pertencen á enciclopedia, isto é, o que a Wikipedia non é e non debe ser:
[editar] Non é unha enciclopedia impresa
Isto significa que non ten un límite de artigos, nin de tamaño dos mesmos. Pode (e debe) incluir ligazóns entre os distintos artigos e é actualizada continuamente.
Existe unha limitación para o tamaño dos artigos individuais que depende unicamente da velocidade do navegador usado e das esixencias de lexibilidade. Sen embargo, os artigos poden separarse en varios, incluíndo ligazóns entre eles e resumos axeitados como un xeito de facer medrar un tema.
[editar] Non é unha fonte orixinal de datos
A información editase por wikipedistas que procuran temas noutras fontes e insiren aquí os seus artigos orixinais, ou completan, corrixen e complementan os xa publicados.
[editar] Non é un dicionario
Aínda que o libro de estilo recomende que o mellor xeito de comezar un artigo sexa cunha boa definición, os que só conteñen a mesma non son artigos axeitados para a Wikipedia.
As enciclopedias tradicionais soen conter este tipo de entradas xunto con outras de maior envergadura, pero a Wikipedia non é un dicionario ortográfico, nin é un dicionario xenealóxico ou biográfico; non é un lugar para definicións nin para listas das mesmas; nin é unha guía de uso de xergas sociais ou profesionais.
Wikimedia ten un proxecto que é un dicionario e pode visitarse no Galizionario.
[editar] Non é un foro de discusións
Apesar de haber áreas para a discusión en cada páxina, e mesmo páxinas para intercambiar ideas da comunidade.
[editar] Non é un directorio de ligazóns
[editar] Non é un repositorio de sitios web
Ou de duplicación doutros contidos.
[editar] Non ten contido reservado
Os contidos inseridos deben estar no dominio público ou rexerse por licencias de uso do tipo GNU FDL.
[editar] Non é un manual de software ou xogos
[editar] Non é un blog ou similar
Apesar de ter contido libre e actualizado polos wikipedistas, a Wikipedia non é un espacio para reflectir informacións personais.
Wikimedia ten outros proxectos que poden cubrir algúns dos tipos de páxinas citados arriba. Visite http://www.wikimedia.org/ para os proxectos xa existentes, e meta:Proposals for new projects para proxectos propostos.
[editar] Posibles medidas a tomar en caso de violación das normas
- Modificar o contido da páxina.
- Facer un redireccionamento.
- Comunicalo a outros wikipedistas ou aos administradores.
- Borrar o artigo en cuestión comentando o motivo no campo Resume.