Object Management Group
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Object Management Group (OMG) é un consorcio que te coma obxectivo a definición de estándares relacionados coa programación orientada a obxectos, así coma o modelado de sistemas.
[editar] Historia
Este consorcio creouse en 1989, e incluía a Hewlett-Packard, IBM, Apple Computer e mais a Sun Microsystems, orientado a crear estándares relacionados con sistemas distribuídos e orientación a obxectos.
OMG creou a primeira versión de CORBA en 1991. En marzo do 2003, acadouse a versión CORBA 3.0, que define un modelo de compoñentes CORBA (CCM).
OMG creou ademais o estándar de Linguaxe Unificada de Modelado, en inglés Unified Modeling Language ( UML) asi como a tecnoloxía relacionada de Meta-Object Facility (MOF) e intercambio de metadatos en XML (XMI, XML Metadata Interchange). En abril de 2005 a última versión de UML e MOF son 2.0 e de XMI é a 2.1.
Outro estándar no que a OMG está a traballar é a Arquitectura Definida polo Modelo (Model Driven Architecture, MDA), construído sobre UML.